DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 2025 Páx. 56298

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de primeira multa coercitiva do expediente IN624A/2014/000033.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puidesen efectuarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido a persoa interesada que se sinala no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e, en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmase a persoa interesada que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñecer o contido íntegro dos actos, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña, Edificio Administrativo de Monelos, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 14 de outubro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN624A/2014/000033.

NIF da persoa interesada: B15208051.

Acto de notificación: primeira (1ª) multa coercitiva.

Concello: A Capela.