De conformidade co disposto no número 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa á actuación administrativa en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas polo artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, non tendo constancia de ningún domicilio, notificáselle á persoa interesada, por medio de anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias municipais, na praza Consistorio, núm. 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
|
Referencia Nº de expte. |
Referencia catastral |
Datos da parcela |
Acto notificado |
Interesado/a |
|
703/2025 |
36001A071000640000SF |
Localización: polígono 71-parcela 64 Hervideiro, Arbo (Pontevedra). Clase: rústico. Uso principal: agrario. |
Xestión da biomasa vexetal |
En investigación |
Arbo, 8 de outubro de 2025
Horacio Gil Expósito
Alcalde
