Mediante o Decreto da Alcaldía número 2025-0564, do 11 de setembro de 2025, aprobáronse as bases de selección e a convocatoria para o acceso a unha praza de auxiliar administrativo pertencente á escala da Administración xeral, subescala auxiliar (subgrupo C2), para cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As bases de selección fixéronse públicas no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 226, do 1 de outubro de 2025, e na sede electrónica do Concello, accesible a través da seguinte ligazón: https://concellodebecerrea.sedelectronica.gal
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos, igualmente, na sede electrónica.
Becerreá, 8 de outubro de 2025
Manuel Martínez Núñez
Alcalde
