A Xunta de Goberno Local, mediante acordo adoptado na sesión do 26 de setembro de 2025, aprobou definitivamente o anexo ao proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, para a execución do Plan especial de infraestruturas e dotacións (PEID) da estrada ás Quintás, no concello de Cervo, coa finalidade de levar a cabo a urbanización da estrada ás Quintás, Cervo. O proxecto estará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste concello (http://cervo.sedelectronica.es). O texto do acordo é do seguinte teor:
Primeiro. Estimar a alegación presentada por José Francisco Valle Rey (predio 7AN), no relativo aos valores expropiatorios dos seus bens afectados. Tal asunto implicou a modificación do documento e a reformulación neses termos, incorporándose o anexo ao proxecto de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución do PEID da estrada ás Quintás, no concello de Cervo (Lugo), para a súa aprobación definitiva e que foi aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local do Concello de Cervo, do 4 de agosto de 2025, con base nos argumentos expostos nos informes técnicos que constan transcritos no corpo deste acordo.
Segundo. Aprobar definitivamente o anexo ao proxecto de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución do Plan especial de infraestruturas e dotacións da estrada ás Quintás, no concello de Cervo, así como a determinación e o pagamento do prezo xusto no procedemento de taxación conxunta, coa finalidade de levar a cabo a urbanización da estrada As Quintás, Cervo, e publicar o dito acordo no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Notificar este acordo de aprobación definitiva do anexo ao proxecto de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución do Plan especial de infraestruturas e dotacións da estrada ás Quintás, no concello de Cervo, ás persoas interesadas propietarias e titulares de bens e dereitos que figuran no expediente, conferíndolles un prazo de vinte días, computados desde a notificación deste acordo, durante o cal poderán manifestar por escrito diante do órgano expropiante a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado.
Se as persoas interesadas non formularen oposición á valoración no citado prazo de vinte días, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente. O prezo que foi fixado no proxecto de expropiación aprobado definitivamente foi o seguinte:
|
Nº predio |
Referencia catastral |
Importe xusto prezo |
Afectación |
Superficie afectada |
Titular/inquilino |
|
1AN |
8768017PJ2386N |
483,70 € |
Parcial |
114,88 |
Rodríguez Enríquez, José Luis (94,98 %) e Fernández Fra, Balbina (5,02 %) |
|
3AN |
8768004PJ2386N |
106,60 € |
Parcial |
25,32 |
Enríquez Durán, Guillermo |
|
4AN |
8768005PJ2386N |
77,13 € |
Parcial |
18,32 |
Vilar Expósito, Trinidad |
|
7AN |
8863005PJ2386N |
461,85 € |
Parcial |
16,40 |
Valle Rey, José Francisco (50 %) e González Vispo, María Celia (50 %) |
|
13AN |
8769004PJ2386N |
71,38 € |
Parcial |
16,95 |
González Fraga, Jesús |
|
14AN |
8769031PJ2386N |
85,49 € |
Parcial |
20,30 |
De Benito Leivas, Fernando (50 %) e Estua Rodríguez, Guadalupe (50 %) |
|
15AN |
8769003PJ2386N |
1.690,86 € |
Parcial |
48,30 |
Cordido Eijo, María José (50 %) e Álvarez Timiraos, José Ramón (50 %) |
|
16AN |
8769051PJ2386N |
1.859,89 € |
Parcial |
64,92 |
Herdeiros de Sánchez Martín, Juan Bautista |
|
17AN |
8769052PJ2386N |
1.924,46 € |
Parcial |
34,03 |
Fernández González, María Antonia |
|
18AN |
8769002PJ2386N |
641,21 € |
Parcial |
152,29 |
Cao Fernández, Ramón |
|
19TA |
9068010PJ2396N |
22,52 € |
Temporal |
56,17 |
Cayón Pereira, Regina |
|
20TA |
8768017PJ2386N |
68,74 € |
Temporal |
171,43 |
Rodríguez Enríquez, José Luis (94,98 %) e Fernández Fra, Balbina (5,02 %) |
|
21TA |
8268015PJ2386N |
40,33 € |
Temporal |
100,57 |
Fijo Quirós, José |
|
22TA |
8768015PJ2386N |
33,24 € |
Temporal |
82,90 |
González Fraga, Jesús |
|
23TA |
8768013PJ2386N |
42,60 € |
Temporal |
106,24 |
Rodríguez Mon, José Francisco |
|
24TA |
8768012PJ2386N |
69,17 € |
Temporal |
172,49 |
Varqueiro Castellón, Ramón |
|
25TA |
8768010PJ2386N |
133,60 € |
Temporal |
333,16 |
Varqueiro Castellón, Ramón |
|
26TA |
8769004PJ2386N |
34,96 € |
Temporal |
87,18 |
González Fraga, Jesús |
|
27TA |
8768011PJ2386N |
52,48 € |
Temporal |
130,88 |
Rodríguez Mon, José Francisco |
|
28TA |
8768003PJ2386N |
33,06 € |
Temporal |
82,45 |
Varqueiro Castellón, Ramón |
Se existe desconformidade coa valoración establecida no dito expediente darase traslado do expediente e da folla de valoración impugnada ao Xurado de Expropiación de Galicia, para os efectos de fixar o prezo xusto, que, en todo caso, se fará de acordo cos criterios de valoración establecidos na lexislación vixente.
Cuarto. O acordo de aprobación definitiva do expediente de expropiación por taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados, de conformidade co artigo 118.10 da Lei do solo de Galicia, e a ocupación comportará a necesidade de levantar unha acta nos termos contidos na lexislación estatal.
Quinto. O pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.
Sexto. Con posterioridade á aprobación definitiva do proxecto de expropiación, procederase á inscrición rexistral das parcelas nos termos contidos na lexislación estatal, así como a instar do Catastro a actualización da súa configuración e titularidade.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o mesmo órgano que o acorda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo, con sede na capital da provincia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere pertinente.
Cervo, 29 de setembro de 2025
María Dolores García Caramés
Alcaldesa
