DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 2025 Páx. 56320

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 2 de outubro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de legalización de obras no concello de Foz (expediente DH.W27.83622).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de legalización de obras:

Solicitante: Adrián Gómez Orosa.

DNI: ***9862**.

Expediente: DH.W27.83622.

Lugar: Maragatas.

Parroquia: San Martiño de Mondoñedo.

Concello: Foz.

Descrición das actuacións:

As obras solicitadas consisten no recheo do predio e peche, na parcela con referencia catastral 270019C001004060000HH, na zona de policía dun rego innominado.

A documentación presentada pode consultarse na sección de participación pública do Portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, sita na rolda da Muralla, núm. 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 2 de outubro de 2025

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña