En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
– Expediente DH.A36.05108.
Características do dereito inscrito: concesión dun caudal de augas de 0,11 l/s procedente de tres mananciais situados no lugar O Caño, parroquia de Trabancas, no concello de Agolada (Pontevedra), con destino a usos doméstico e gandeiro nos lugares de Couso e Romariz, outorgada á Comunidade de Usuarios de Romariz mediante a Resolución da Presidencia de Augas de Galicia do 27 de novembro de 2022.
Causa de extinción: transcurso do prazo outorgado.
Servidumes: non se coñecen.
Iniciación: de oficio.
Identificación do aproveitamento: (coord. UTM das captacións)
M1: x= 582.770; y= 4.736.420
M2: x= 582.750; y= 4.736.400
M3: x= 582.740 y= 4.736.430
– Expediente: DH.A36.61136.
Solicitante: Comunidade de Usuarios de Romariz.
DNI: ***6787**.
Expediente: DH.A36.61136.
Volume total anual: 1.730,1 m3.
Caudal máximo instantáneo: 2,209 l/s.
Destino: doméstico e gandeiro.
Orixe: A) x= 582653, y= 4736221 (fuso 29 ETRS89)
B) x= 582638; y= 4736201
C) x= 582597; y= 4736223
Lugar: Romariz.
Parroquia: Trabancas, As (San Mamede).
Concello: Agolada (Pontevedra).
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de augas procedentes de tres mananciais para o abastecemento de 8 vivendas e unha explotación gandeira. A arqueta de reunión das augas está situada na parcela 36020J503001290000OE. Desde esta arqueta a auga lévase ata a caseta, na parcela 36020J502001060000OL, cos 10 depósitos de almacenamento individual de 1.000 litros cada un, e desde aquí distribúese a auga ata os lugares que se pretende abastecer. Na entrada do tubo á caseta instalouse un contador homologado.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 881 99 90 97.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2025
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
