DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 2025 Páx. 56581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ANUNCIO do 2 de outubro de 2025, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa presentada pola Confraría de Pescadores de Cedeira para a ocupación do dominio público portuario con destino ao uso de conxunto de edificios para departamentos de pesca no porto de Cedeira (expediente 12-04-25-C-2).

A Presidencia de Portos de Galicia acorda o 30 de setembro de 2025 o inicio de trámite e sométese a información pública a solicitude de concesión administrativa presentada pola Confraría de Pescadores de Cedeira con destino á ocupación de conxunto de edificios para departamentos de pesca no porto de Cedeira (expediente 12-04-25-C-2), de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público este trámite, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas, por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia empregando o procedemento xenérico PR004A, e preferentemente por vía electrónica se se trata dun suxeito non obrigado.

Debido a que a ocupación solicitada excede os 2.500 m², en aplicación do artigo 68.2.c) da Lei 6/2017, de portos de Galicia, ábrese a posibilidade de que se presenten outras solicitudes en competencia cos mesmos requisitos establecidos para unha solicitude de concesión, que afecte o mesmo espazo e co mesmo ou distinto obxecto.

O prazo para presentar alegacións ou solicitudes en competencia será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación está á disposición na ruta web www.portosdegalicia.gal > Comunicacións e avisos > Procesos de información pública.

Lugo, 2 de outubro de 2025

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte