De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Francisco Javier Rosales Maneiro o Acordo da Dirección de Portos de Galicia, do 26 de setembro de 2025, que inicia procedemento para reclamar os custos derivados da reparación dos danos ocasionados en poste de sinal vertical do porto de Bueu polo accidente do vehículo con placas de matrícula 8470-DZZ segundo se documenta en acta 01/2025 do garda peiraos levantada o 13 de xaneiro de 2025, por non ser posible a notificación no domicilio.
Este anuncio publicarase no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, ben que, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Este acordo emíteo a Dirección de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 15.3, alíneas a) e b) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e de acordo co previsto no artigo 129.3 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e nos artigos 100 e 102 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 146 da Lei de portos de Galicia.
O importe a que ascenderon as actuacións de reparación da varanda, reflotamento e traslado do vehículo, asumidas con carácter de urxencia por Portos de Galicia, foi de 139,52 euros co IVE engadido.
A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe de División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para estes efectos na praza de Europa, 5-A 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, e o seu réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Outórgase un prazo de dez (10) días hábiles contados desde a publicación desta cédula para formular alegacións e achegar ou propor todos os medios de proba que considere axeitados en defensa dos seus dereitos.
O expediente completo para o seu exame, das 9.00 ás 14.00 horas, está na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia.
As alegacións serán dirixidas ao instrutor nomeado do procedemento no enderezo antes sinalado.
Se manifesta a súa conformidade coa reclamación poderá aboar a cantidade empregando o modelo de impreso que se facilitará contactando cos servizos centrais de Portos de Galicia nos números de teléfono 981 54 53 29 e 981 54 52 05, e neste caso darase por finalizado o procedemento.
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2025
Juan Sanmartín Ferreiro
Director de Portos de Galicia
