DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 2025 Páx. 56474

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 38 do grupo I, técnico/a superior de defensa contra incendios forestais, de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se publica a baremación definitiva consolidada da fase de concurso.

Na sesión que tivo lugar o día 7 de xullo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de abril de 2024 (DOG núm. 78, do 19 de abril) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante as resolucións do 24 de outubro de 2024 (DOG núm. 207, do 25 de outubro) e do 3 de xuño de 2025 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), este tribunal fai pública a baremación definitiva da fase de concurso da categoría 38, técnico/a superior de defensa contra incendios forestais, do grupo I.

Este tribunal acorda publicar un baremo definitivo consolidado en que se reflicta a puntuación de todas as persoas aspirantes baremadas neste proceso.

Segundo. A puntuación definitiva obtida reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal:

https://www.xunta.gal/funcionpublica/procesos-selectivos/consulta

Terceiro. De acordo co disposto na base IV.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025

Ana Belén Díaz Fernández
Presidenta do tribunal