DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 2025 Páx. 56476

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na categoría 039 do grupo II do persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso.

Na sesión que tivo lugar o día 8 de xullo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21 de maio) (corrección de erros no DOG núm. 99, do 23 de maio), modificada pola Resolución do 27 de maio de 2024 (DOG núm. 107, do 4 de xuño), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 3, 4, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia, e persoal laboral propio do Cixtec (grupo II),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante as resolucións do 4 de outubro de 2024 (DOG núm. 197, do 11 de outubro) e do 28 de maio de 2025 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva da fase de concurso da categoría 39, técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais.

Como consecuencia da estimación dunha serie de recursos de alzada, este tribunal acorda modificar as ditas resolucións e publicar un baremo definitivo consolidado en que se reflicte a puntuación de todas as persoas aspirantes baremadas neste proceso.

Segundo. A puntuación definitiva obtida tras a modificación reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

Terceiro. De acordo co disposto na base IV.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2025

Víctor Gallego Víncent
Presidente do tribunal