DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 2025 Páx. 56492

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso.

Na sesión que tivo lugar o día 11 de xullo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galicia, na escala de persoal subalterno da Xunta de Galicia e na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais da Xunta de Galicia, e para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo, e DOG núm. 87, do 8 de maio),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante as resolucións do 21 de novembro de 2024 (DOG núm. 227, do 25 de novembro) e do 3 de xuño de 2025 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva da fase de concurso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Como consecuencia da estimación dunha serie de recursos, este tribunal acorda modificar as ditas resolucións no referente ás categorías 10B, 10C e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia e publicar no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta a puntuación definitiva obtida tras a modificación da puntuación das persoas afectadas.

Segundo. Acórdase publicar un baremo definitivo consolidado no cal se reflicta a puntuación de todas as persoas aspirantes baremadas nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Este baremo publicarase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

Terceiro. De acordo co disposto na base IV.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2025

José Luis Soto Campos
Presidente do tribunal