DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 2025 Páx. 56490

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 10B e 10C do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fan públicos os resultados obtidos polas persoas aspirantes presentadas á proba visual.

Na sesión que tivo lugar o día 11 de xullo de 2025 reuniuse o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo).

De conformidade co disposto na base 2.7.3 da Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) pola que se modifican as resolucións de convocatoria do 22 de decembro de 2022, as persoas aspirantes que participen nos procesos de estabilización vinculados ao servizo de extinción de incendios deberán realizar unha proba visual de carácter eliminatorio. Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto, polo que este tribunal

ACORDOU:

Primeiro. Publicar os resultados obtidos polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada os días 2 de decembro de 2024 e o 11 de xuño de 2025, correspondentes á proba visual única dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 10B e 10C do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Os resultados obtidos polas persoas convocadas á dita proba visual reflíctense no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base V.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2025

José Luis Soto Campos
Presidente do tribunal