DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 2025 Páx. 56519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 4152/2025 interposto contra a Resolución do 10 de abril de 2025 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2025/26.

Neste centro directivo recibiuse oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4152/2025, interposto contra a Resolución do 10 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2025/26, en que se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento das persoas interesadas no expediente correspondente.

Para os efectos de cumprir o solicitado no oficio, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2025

María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural