DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 2025 Páx. 56518

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 27 de outubro de 2025 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se abre o procedemento de actualización e simultáneo concurso para a ampliación de listas de agarda de profesorado substituto do curso 2025/26.

De acordo co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo) en diante, LOSU, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia sobre contratación de profesorado universitario, no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro), da Xunta de Galicia, este Reitorado, en uso das competencias recoñecidas pola LOSU, resolve anunciar o procedemento de actualización e ampliación de listas de agarda de profesorado substituto do curso 2025/26:

Referencia: LA2503.

Categoría: listaxes de profesorado substituto.

Número de listaxes que cómpre actualizar/ampliar: 9.

A información completa pode consultarse na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/), así como na páxina electrónica https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, filtrando por tipo: «Concursos de profesorado» e empregando como palabras chave a referencia da categoría. Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse ao teléfono 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) ou ao enderezo electrónico consultapdi@uvigo.gal

O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 1 ao 17 de novembro de 2025, e débense dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos na convocatoria.

Lémbrase que as persoas que xa figuren nas listas a actualizar/ampliar teñen a obriga de participar para permanecer nelas. Quen non presente en prazo a solicitude de permanencia decaerá no seu dereito.

Vigo, 27 de outubro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo