De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o acordo polo que se prorroga a vixencia do informe de impacto ambiental do 16 de xullo de 2021 da ampliación da EDAR de Vilagarcía de Arousa, no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), promovido por Augas de Galicia.
Este acordo poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n).
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
