DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 2025 Páx. 56596

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cooperativas Lácteas de Galica, S. Coop. Galega en liquidación

ANUNCIO do acordo de aprobación do balance final de liquidación e da distribución do activo.

Na asemblea xeral extraordinaria con carácter de universal de Cooperativas Lácteas de Galicia, S. Coop. Galega en liquidación, realizada o 27 de outubro de 2025 no domicilio social da cooperativa, adoptouse, por unanimidade dos votos da sociedade, o acordo de aprobar o balance final de liquidación e o proxecto de distribución do activo, previamente censurados polo órgano de intervención da cooperativa.

Chantada, 27 de outubro de 2025

Javier Taboada Rodríguez
Liquidador de Cooperativas Lácteas de Galicia, S. Coop. Galega