José Vilanova Martínez, con DNI ***4026**, e actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Amoedo, con CIF G36345056, por este anuncio convoca para o vindeiro día 29 de novembro de 2025, na Casa dos Pensionistas de Amoedo (Pazos de Borbén-Pontevedra), ás 18.30 horas en primeira convocatoria e ás 19.00 horas en segunda convocatoria, a asemblea ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, de ser o caso, do que proceda:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Informe sobre as obras rematadas e pendentes (Montecelo).
3. Cobramento das taxas da auga á Casa da Cultura.
4. Contas 2024.
5. Calidade da auga (SINAC, PSA e análises obrigatorias).
6. Proposta de aumento da taxa da auga.
7. Rogos e preguntas.
Pazos de Borbén, 6 de outubro de 2025
José Vilanova Martínez
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Amoedo
