O Pleno da Corporación Provincial, na sesión extraordinaria do día 30 de setembro de 2025, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto construtivo do vial de conexión entre a avenida de Marín e a rúa Rosalía de Castro (concello de Pontevedra), cun orzamento de un millón douscentos setenta e nove mil setecentos sesenta e dous euros con trinta e nove céntimos (1.279.762,39 €).
Segundo. Expoñer ao público o proxecto construtivo por medio de anuncio no Boletín Oficial da provincia, na sede electrónica da Deputación Provincial de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios do Concello de Pontevedra e en dous diarios dos de maior circulación da provincia para os efectos de reclamacións polo prazo de trinta días hábiles, entendéndose definitivamente aprobado de non se produciren estas coa implícita consideración de proxecto de interese autonómico, segundo o disposto na lexislación autonómica de ordenación do territorio.
Terceiro. Someter este proxecto a informe das administracións territoriais afectadas polo ámbito de actuación polo prazo de trinta días hábiles.
Transcorrido ese prazo sen que as administracións consultadas emitisen o citado informe, entenderase que amosan a súa conformidade co trazado proposto.
O antedito proxecto poderá consultarse no Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais da Deputación Provincial de Pontevedra, no portal web https://www.depo.gal/documentos-expostos-a-informacion-publica, ou na seguinte ligazón:
https://sede.depo.gal/web/public/procedures/getdocfromcsv/getdocfromcsvform.xhtml?csv=MC5OO9IAFQSUI5P1
Pontevedra, 7 de outubro de 2025
O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. nº 2025008021, do 3.10.2025)
Belén Cachafeiro Anta
Deputada delegada de Infraestruturas Públicas e Mobilidade
