DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 2025 Páx. 56593

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de convocatoria, polo procedemento de provisión por mobilidade, dunha praza da categoría de policía local, como funcionario de carreira do Concello de Lalín.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 21 de outubro de 2025 aprobáronse as bases reguladoras do proceso de selección, polo procedemento de provisión por mobilidade, dunha (1) praza da categoría de policía local, como funcionario de carreira do Concello de Lalín.

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao alcalde, presentada no Rexistro Xeral do Concello ou ben na sede electrónica do Concello (https://lalin.sedeelectrónica.gal), na cal se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na base segunda desta convocatoria, durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras atópanse publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedeelectrónica.gal), no taboleiro de anuncios do Concello e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

Lalín, 22 de outubro de 2025

Xosé Crespo Iglesias
Alcalde