DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 2025 Páx. 56592

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de aprobación inicial do estudio de detalle de novo vial de acceso ao castelo de Santa Cruz.

Aprobado inicialmente polo Decreto da Alcaldía do 24 de setembro de 2025 o estudio de detalle: novo vial de acceso ao Castelo de Santa Cruz do Plan xeral de ordenación municipal da Guarda, e de conformidade co disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública, polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello da Guarda e no periódico Faro de Vigo, durante o cal poderá examinarse por calquera persoa e formularse as alegacións que procedan. Queda á disposición das persoas interesadas o expediente administrativo tramitado no Departamento de Urbanismo Municipal do Concello da Guarda no horario de atención ao público e na sede electrónica do Concello da Guarda (Portal de transparencia).

A Guarda, 25 de setembro de 2025

Roberto José Álvarez Carrero
Alcalde