Ao non poder efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ás persoas propietarias das parcelas que se relacionan a continuación, por causa non imputable a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
|
Expediente municipal |
Ref. catastral Polígono/parcela |
Localización |
Persoa interesada |
Liquidación provisional |
|
1908/2024 |
36012A004010050000ZK (polígono 4, parcela 1005) |
Barbeitos |
J. Antonio Portela Cancela |
228 € |
Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para o que se lle informa que tanto a notificación como o expediente atópanse á súa disposición no Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.
Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se puidese determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro do concello, e conterá os datos catastrais da parcela. O prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Considerando que o artigo 7.d), 22.4 e 22.10 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e repercutirán os custos ás persoas responsables.
O Concello poderá liquidar o custo provisional de maneira anticipada desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados na Lei xeral tributaria, sen prexuízo da súa liquidación definitiva unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria.
Cando a identidade da persoa responsable non sexa coñecida ao tempo de proceder á execución subsidiaria, a repercusión dos custos aprazarase ao momento en que, se é o caso, chegue a ser coñecida, sempre que non prescribisen os correspondentes dereitos de cobranza a favor da Facenda pública.
Considerando que o artigo 22.9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables a facilitar os accesos necesarios aos suxeitos que acometan os traballos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, sen que sexa preciso o consentimento do seu titular, salvo aqueles supostos excepcionais en que o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
A falta de cumprimento das obriga indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión de biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais, e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Considerando o artigo 54, da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.
A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais respecto diso, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves ou moi graves corresponderá á persoa titular da Alcaldía.
O incumprimento das obrigas que a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece por parte da persoa propietaria do terreo implicará o incumprimento da función social da propiedade e será causa de expropiación forzosa por interese social, no caso de que os custos acumulados da execución subsidiaria dos traballos de xestión da biomasa que a Administración actuante asumise con cargo ao seu orzamento, e que non poida repercutir a aquela por descoñecerse a súa identidade, superen o valor catastral da parcela.
Cerdedo-Cotobade, 9 de outubro de 2025
Jorge Cubela López
Alcalde presidente
