DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 2025 Páx. 56587

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de notificación no procedemento infrutuoso relativo á xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

O Concello de Betanzos fai pública unha notificación relativa ao requirimento de limpeza á titular da parcela que se indica a continuación, logo de resultar infrutuosa, por causas non imputables a esta Administración, a notificación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, de conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Expediente

Referencia catastral

Situación

Titular

2025/v001/000064

15009A002001550000EE

Polígono 2-parcela 155 Ribalta

Muñiz Antonio

2025/V001/000064

15009A002001800000EO

Polígono 2-parcela 180 Ribalta

En investigación

2025/V001/000090

15009A001009790000EZ

Polígono 1-parcela 979 A Fabeira

En investigación

2025/V001/000037

15009A011004900000ED

Polígono 11-parcela 490 San Pedro das Viñas

Gómez Brañas, María Concepción

2025/V001/000037

15009A011005580000EZ

Polígono 11-parcela 558 Apedada de Arriba

Gándara Nogueira, José Antonio (herdeiros/as de)

2025/V001/000070

15009A004009890000EF

Polígono 4-parcela 989 Travesa

Corral Durán, Eugenio (herdeiros/as de)

2025/V001/000072

15009A011003270000EX

Polígono 11-parcela 327 Carregal

Gómez Barbeito, María (herdeiros/as de)

2025/V001/000080

15009A004010030000EM

Polígono 4-parcela 1003 Travesa

Bello Vales, María Luisa

2025/V001/000085

15009A012001140000EI

Polígono 12-parcela 114 Barral

Pampín Téllez, Jesús

2025/V001/000088

15009A012000950000EA

Polígono 12-parcela 95 Barral

Veiga Pardo, José (herdeiros/as de)

2025/V001/000088

15009A012000960000EB

Polígono 12-parcela 96 Barral

Rilo Rilo, María Carmen (herdeiros/as de)

As persoas interesadas en coñecer o contido íntegro do acto que se notifica poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Betanzos, sitas na praza de Galicia, 1 (Edificio Arquivo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios do BOE. Así mesmo, dispoñen de idéntico prazo para cumprir coa obriga da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada das especies arbóreas prohibidas.

Unha vez transcorrido este prazo sen que se faga uso do dereito sinalado, o Concello de Betanzos continuará co expediente segundo o disposto no punto 4º do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril.

O Concello de Betanzos notifica este acto para os efectos oportunos e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan alegar o que consideren oportuno, no prazo de quince días desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Betanzos, 3 de outubro de 2025

María Barral Varela
Alcaldesa