DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 2025 Páx. 56498

IV. Oposicións e concursos

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2025 pola que se nomea persoal laboral fixo, no posto de xefe/a de Unidade (grupo I, categoría 10) existente no cadro de persoal, a persoa que superou o proceso selectivo (28ª convocatoria) convocado pola Resolución do 30 de abril de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 88, do 9 de maio), no posto de xefe/a da Unidade de Microbioloxía e Viroloxía.

Unha vez rematado o proceso selectivo para a cobertura definitiva do posto de xefe/a da Unidade de Microbioloxía e Viroloxía, código 410058, existente no cadro de persoal, do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (en diante, Intecmar), convocado pola Resolución do 30 de abril de 2025 (DOG número 88, do 9 de maio), pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso como persoal laboral fixo do Intecmar na categoría de xefe/a da Unidade (grupo I, categoría 10), esta dirección, de acordo co previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo do Intecmar a primeira persoa da listaxe definitiva dos/das aspirantes recollida na Resolución da Dirección do Intecmar do 14 de outubro de 2025, publicada no portal web do Intecmar, e que figura no anexo.

Segundo. Dar publicidade a este nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. A persoa nomeada persoal laboral fixo disporá do prazo dun mes para a toma de posesión no destino ofertado con carácter provisional e para a formalización do contrato laboral. O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a presidenta do Intecmar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vilaxoán, 22 de outubro de 2025

María Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

ANEXO

Núm. de prazas

Grupo

Categoría

Descrición da praza

NIF

Apelidos e nome

1

I

10

Xefe/a de Unidade

***7440**

Vilariño Becerra, María Luz