DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 2025 Páx. 56496

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2025 pola que se nomea a Comisión de Selección que deberá cualificar os procesos para a cobertura de dous postos de persoal directivo (director/a da Área da Oficina Económica de Galicia e xerente).

Mediante senllas resolucións do 9 de outubro de 2025, publicadas no Diario Oficial de Galicia número 200, do 16 de outubro de 2025, anunciáronse as convocatorias para a cobertura de dous postos de persoal directivo no Igape: director/a da Área da Oficina Económica de Galicia e xerente.

De conformidade co establecido no punto 14 das bases reguladoras das respectivas convocatorias que rexen os procesos de selección, a Comisión de Selección será designada mediante resolución da directora xeral do Igape.

En virtude do anterior, esta dirección

DISPÓN:

Primeiro. Nomear a comisión que deberá cualificar os procesos de selección para a cobertura de dous postos de persoal directivo do Igape (director/a da Área da Oficina Económica de Galicia e xerente), coa composición que se relaciona no anexo.

Segundo. Declarar de aplicación a este proceso as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos órganos de selección do 11 de abril de 2007, modificadas polo Acordo do Consello da Xunta do 8 de abril de 2010.

Terceiro. Esta resolución producirá os seus efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2025

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Comisión de Selección

– Presidencia:

Titular: Norberto Penedo Rey, director da Área de Competitividade do Igape.

Suplente: Alberto Vivero Fernández, director da Área de Financiamento do Igape.

Secretaría:

Titular: Mª Jesús López Bahamonde, subdirectora de Recursos Humanos e Xestión Administrativa do Igape.

Suplente: Laura Almeida Freire, subdirectora de Liquidacións do Igape.

– Vogais:

1ª titular: Mª Adelaida Couto Piñón, vicesecretaria xeral da Consellería de Economía e Industria.

Suplente: Lourdes Ledo Moure, subdirectora xeral de Réxime Xurídico e Recursos Humanos da Consellería de Economía e Industria.

2ª titular: Mónica Fernández Frade, subdirectora de Seguimento de Carteira do Igape.

Suplente: Francisco Pedro López Martínez, subdirector de Coordinación do Igape.

3ª titular: Laura Mª González-Dopeso Portela, subdirectora de Internacionalización do Igape.

Suplente: Silvia Cortiñas Fernández, xerente do Inega.