DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 2025 Páx. 56621

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 27 de outubro de 2025 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga de ámbito nacional convocada polo Sindicato Estatal de Técnicos Superiores Sanitarios (SIETESS) para os días 30 e 31 de outubro e os días 3 e 4 de novembro de 2025, e que afecta os técnicos superiores sanitarios que prestan servizo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na orde indicada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 209, do 29 de outubro de 2025, cómpre efectuar a seguinte corrección:

O anexo publicado na páxina 56244 é erróneo e débese substituír polo correcto que a seguir se indica:

Provincia de Pontevedra

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Hospital do Salnés:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

2

2

1

Técnico/a superior en laboratorio clínico e biomédico

2

2

2