DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 2025 Páx. 56732

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 16 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0049/2025-V e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0049/2025-V e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 16 de outubro de 2025

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF

Acto que se notifica

PSC-CO-0049/2025-V

52930987Y

Resolución

PSC-CO-0050/2025-V

33291715C

Resolución

PSC-CO-0051/2025-V

52930965F

Resolución

PSC-CO-0129/2025-PRE

52453074X

Resolución

PSC-CO-0224/2025-PRE

52456776D

Resolución

PSC-CO-0312/2025-V

47382174N

Resolución

PSC-CO-0458/2025-PRE

54227000S

Resolución