DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 2025 Páx. 56691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ACORDO do 6 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción das instalacións do proxecto da planta fotovoltaica Solar Castelo para a hibridación da central hidroeléctrica de Castelo, no concello de Lalín (Pontevedra), e promovida por Hidroeléctrica de Lalín, S.L. (FV 15/2024).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: Hidroeléctrica de Lalín, S.L. (CIF: B15515216).

Domicilio social: avenida dos Naturais de Fene, 8-10, 2º D, 15500 Fene (A Coruña).

Denominación do proxecto: planta fotovoltaica Solar Castelo para a hibridación da central hidroeléctrica de Castelo.

Concello afectado: Lalín (Pontevedra).

Localización:

– Planta fotovoltaica:

Polígono

Parcela

Referencia catastral

31

247

36024A031002470000AO

25

36

36024A025000360000AX

– Liña de evacuación:

Polígono

Parcela

Referencia catastral

25

9.002

36024A025090020000AE

25

21

36024A025000210000AY

25

19

36024A025000210000AY

Potencia que se instalará: 725 kW.

Potencia de acceso concedida para a hibridación: 725 kW.

Produción neta anual estimada: 1.388,8 Mwh/ano.

Orzamento total (execución material): 287.866,44 €.

Características técnicas recollidas no proxecto:

– Instalación solar fotovoltaica de 725 kW de potencia nominal (871,20 kWp), formada por:

• Mil trescentos vinte (1.320) módulos fotovoltaicos de silicio cristalino de alta eficiencia, de 660 Wp, modelo Trina Solar TSM-DEG21C.20.

• Catro (4) inversores (1 de 200 kW e 3 de 175 kW), modelo Huawei 215KTL-H3/185KTL-H1.

• Estrutura soporte dos módulos fotovoltaicos metálica fixa, fincados directamente no chan.

– Centro de transformación, protección, medida e control (CTPMC) nun edificio prefabricado que albergará un transformador de 800 kVA, con relación de transformación 20/0,8 kV, un cadro de baixa tensión, os servizos auxiliares, unha cela de protección do transformador, unha cela de liña e unha cela de medida.

– Liña de evacuación soterrada de 20 kV e 510 m, con condutor tipo HEPRZ1 AL 12/20 kV de sección 3×(1×95) mm2. Ten orixe no CTPMC e final no apoio de entroncamento coa liña existente tamén de 20 kV, onde está conectada a central hidráulica coa que se realiza a hibridación.

Órgano competente para autorizar o proxecto: a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.

O que se fai público, de conformidade co artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e co artigo 47 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan examinar a documentación e presentar as súas alegacións, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación.

O proxecto estará á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 4º, 36071 Pontevedra), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, con cita previa no número de teléfono 986 80 52 51. Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da seguinte ligazón:

https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica

Pontevedra, 6 de outubro de 2025

Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra