DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 2025 Páx. 56694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 15 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador ANI-PO-0037/2025 e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse as persoas interesadas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidas ou porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar estes actos na sede deste departamento territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 15 de outubro de 2025

Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado

ANI-PO-0037/2025

53821817T

Incoación

Polo director territorial

ANI-PO-0070/2025

78737989L

Incoación

Polo director territorial

ANI-PO-0075/2025

77419989B

Incoación

Polo director territorial

ANI-PO-0078/2025

36084799F

Incoación

Polo director territorial

ANI-PO-0082/2025

53152786Q

Incoación

Polo director territorial

ANI-PO-0083/2025

76490546K

Incoación

Polo director territorial

ANP-PO-0135/2025

Y1463293R

Incoación

Polo director territorial