DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 2025 Páx. 56696

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 16 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de tenza de animais potencialmente perigosos (expediente ANP-CO-0071/2025-V).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentar a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

Por iso, por medio deste anuncio notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os actos administrativos ditados en relación cos procedementos sancionadores en materia de tenza de animais potencialmente perigosos (Lei 50/1999, do 23 de decembro, BOE núm. 307, do 24 de decembro).

Para o coñecemento íntegro de tal acto e constancia deste, as citadas persoas interesadas poderán comparecer no prazo e lugar que se sinalan a continuación:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situado na rúa Vicente Ferrer, 2, 8ª planta, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Tras o transcurso do devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 16 de outubro de 2025

María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada DNI/NIE/NIF

Acto de notificación

ANP-CO-0071/2025-V

DNI 32687829E

Acordo de incoación de procedemento sancionador