Expediente: IN407A 2024/174-1.
Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: Regulamentación LMTA CBA805 entre 9RAJ4KMH//80-B-5 e 9RE5T70I//80-B-7.
Concello: Malpica de Bergantiños.
Feitos:
1. O día 13.5.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co fin de realizar obras de regulamentación nun tramo da liña de distribución de media tensión LMT CBA805 Malpica, 5 (IN407A 1996/1-1), procedente da subestación Cabana, situado no lugar de Vilarnovo, concello de Malpica de Bergantiños, por mor de non cumprirse as distancias de seguridade verticais ao terreo e da existencia de apoios en mal estado, proxéctase a substitución de tres apoios de formigón por outros de tipo metálico de maior altura e a substitución do condutor de dous vans adxacentes aos apoios que se van substituír.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Regulamentación LMTA CBA805 entre 9RAJ4KMH//80-B-5 e 9RE5T70I//80-B-7, asinado o día 11.4.2024 por Ángel Pérez Vidal, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría eléctrica, nº colexiado 4.781 de Vigo (COITIVigo); e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• DOG: 14.8.2025.
• BOP: 29.7.2025.
• Xornal La Voz de Galicia: 31.7.2025.
Con data do 24.7.2025 solicitouse ao Concello de Malpica de Bergantiños a exposición pública do proxecto e a correspondente acreditación de realización dese trámite, sen que conste no expediente a emisión da dita certificación.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Malpica de Bergantiños e Plan de ordenación do litorial (POL). A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 6.10.2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas
As instalacións obxecto deste expediente atópanse no lugar de Vilarnovo, concello de Malpica de Bergantiños, e as súas características técnicas son as seguintes:
• Substitución de tramo (actuación 1) LMTA a 15 kV, de 163 m, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio nº 9RB6SF2L//80-B-6 existente para substituír por tipo C-2000/12 da LMT CBA805 Malpica, 5 (IN407A 1996/1-1), procedente da subestación Cabana, e remate no apoio nº 9RE5T70I//80-B-7 existente para substituír. Retensado de tramo en LA-56 entre os apoios nº 9RACDL7F//80-B-4-CT e nº 80-B-6 para substituír e do tramo en LAC-80 entre os apoios nº 80-B-7 para substituír e o nº 9RI1J454//80-B-8. Substitúense os apoios existentes nº 9RAJ4KMH//80-B-5 tipo HV-13/400 por tipo C-1000/14, nº 9RB6SF2L//80-B-6 tipo 2HP-12/500 por tipo C-2000/12 e nº 9RE5T70I//80-B-7 tipo 2HP-12/500 por tipo C-4500/14.
• Substitución de tramo (actuación 2) LMTA a 15 kVA, de 15 m, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio nº 9RE23XP6//74-8 existente e remate no apoio nº 80-B-7 para substituír.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
a) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
b) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
d) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 9 de outubro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Malpica de Bergantiños
|
Nº parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
Lg. Chousa Vella 15044A015003580000 ER |
Rústico. Agrario. Matogueira |
Descoñecido |
Apoio 1 (9RAJ4KMH//80-B-5 |
2.0 |
||||
|
2 |
Lg. Chousa Vella 15044A015003600000 EK |
Rústico. Agrario. Matogueira |
Descoñecido |
Apoio 2 (9RB6SF2L//80-B-6) |
2.0 |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada.
