Expediente: IN407A 2024/164-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: LMT BRT803. Soterramento do tramo entre apoios 105 e 112.
Concello: Malpica de Bergantiños.
Feitos:
1. O día 9 de maio de 2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de realizar obras de regulamentación nun tramo da liña de distribución LMT BRT803 Buño-Auto 1 3 (IN407A 2016/2253-1), procedente da subestación Bértoa, nunha zona protexida denominada Castro de Aldeola, no lugar Croa do Castro, parroquia de Cerqueda (San Cristovo), concello de Malpica de Bergantiños, proxéctase a substitución de tres apoios existentes de formigón por outros de tipo metálico, a substitución do condutor dun van entre os apoios que cómpre substituír, o desmantelamento dun tramo aéreo en media tensión da antedita liña de distribución, o desmantelamento dun pequeno tramo soterrado e a instalación dunha nova liña soterrada de media tensión.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMT BRT803. Soterramento do tramo entre apoios 105 e 112, asinado o día 19.1.2024 por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de avaliación ambiental simplificada e consta no expediente unha resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade con data do 15.7.2025, pola que se formula o informe de impacto ambiental do proxecto.
O informe sinala o seguinte: «de acordo cos antecedentes e como resultado da avaliación de impacto ambiental simplificada realizada, formular o informe de impacto ambiental do proxecto de soterramento dunha LMT, entre os apoios 105 e 112, no termo municipal de Malpica de Bergantiños (A Coruña), concluíndo que, sempre que se cumpra, ademais do recollido no documento ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado e o programa de vixilancia ambiental que figuran ao longo desta resolución, non son previsibles efectos adversos significativos sobre o ambiente e, polo tanto, non se considera necesario someter o proxecto a avaliación de impacto ambiental ordinaria».
3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
– DOG: 27.9.2024.
– BOP: 12.9.2024.
– Xornal La Voz de Galicia: 19.9.2024.
– Con datas do 10.9.2024 e do 10.12.2024 solicitouse ao Concello de Malpica de Bergantiños a exposición pública do proxecto e a correspondente acreditación de realización dese trámite, sen que conste no expediente a emisión da dita certificación.
4. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
5. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Malpica de Bergantiños, Augas de Galicia, AXI e Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
6. O día 6.10.2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas.
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar Croa do Castro, parroquia de Cerqueda (San Cristovo), concello de Malpica de Bergantiños, e as súas características técnicas son as seguintes:
– LMTS a 20 kV, de 1.327 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm² Al, con orixe no PA/S proxectado no novo apoio nº 113 proxectado tipo C-1000/14 no que se instalará un seccionador SXS na LMT BRT803 Buño-Auto 1 3 (IN407A 2016/2253-1), procedente da subestación Bértoa, e remate nos empalmes que se van realizar no tramo LMTS con expediente IN407A 08/380. O novo apoio nº 113 substituirá o nº 9SEH7PD8//113 de formigón existente desprazándose cara ao apoio nº 112. A nova LMTS irá canalizada baixo tubo en gabias con dimensións de 0,4 metros de ancho e entre 0,8 e 1 metros de profundidade en tubos de polietilieno de alta densidade, con 16 cm de diámetro. Tamén se instalará un tubo verde destinado a conducións de cables de telecomunicacións.
– Substitución dos apoios de formigón existentes de formigón nº 9SG8BODE//112 por tipo C-7000/14, nº 9SEH7PD8//113 por tipo C-1000/14 e nº 9SD3BE50//114 por tipo C-1000/14.
– Substitución de tramo LMTA a 20 kV, de 125 m, condutor tipo LA-110 Al (existente LAC-80), con orixe no apoio nº 114 que se vai substituír e remate no apoio nº 113 que se vai substituír.
– Desmantelamento do tramo LMTA a 20 kV, de 700 m, condutor tipo LAC-80, con orixe no apoio nº 112 que se vai substituír, que pasa a ser fin de liña, e remate no apoio nº 105 que se vai desmantelar. Desmantelamento dos 6 apoios intermedios entre os citados.
– Desmantelamento do tramo LMTS a 20 kV, de 39 m, condutor RHZ1-3×(1×240), con orixe no CS polígono Os Barreiros (15CFBK) e remate no PA/S do apoio nº 9SMCCQ98//105 que se vai desmantelar.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
C) A resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade pola que se formula o informe de impacto ambiental do proxecto sinala no seu punto 4.2.2 «Para este efecto, o promotor adoptará o programa de vixilancia e seguimento ambiental deseñado que garantirá, ademais do cumprimento dos condicionantes e medidas preventivas e/ou correctoras establecidas no IIA e no documento ambiental, o cumprimento dos que, se é o caso, establezan os órganos competentes na tramitación sectorial de licenzas, permisos e/ou autorizacións e aqueloutros que, derivados do seguimento, sexa necesario incorporar. Deberá aprobalo previamente o órgano substantivo».
De acordo ao sinalado, e co obxecto da realización do seguimento ambiental, deberá de comunicar a data de inicio das actuacións autorizadas nesta resolución.
Deberá achegar a este departamento territorial no prazo máximo dun mes antes do inicio das obras o plan de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no punto 4.2.2 da resolución de impacto ambiental.
D) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude, á cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
E) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 9 de outubro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados-concello de Malpica de Bergantiños
Regulamentación LMT BRT803. Soterramento de tramo entre apoios 105 e 112
|
Predio do proxecto |
Persoa propietaria/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección de solo pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
Natureza do terreo |
||||
|
Apoio núm./CT |
Superficie (m²) |
ml aér. |
ml sot. |
m² aér. |
m² sot. |
|||||
|
3 |
Descoñecida/o |
15044A501012870000WB |
Devesas |
Apoio 3 |
2.0 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío. Secaño. |
||||
