DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 2025 Páx. 56756

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas de Bugarin

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral.

Alfonso Suárez Santos, veciño do lugar de Bugarín, parroquia de Castro, concello de Cerdedo-Cotobade, Pontevedra, ante esta instancia comparezco e se é o caso, digo que por medio deste anuncio convoco a asamblea xeral a todos os usuarios da augas de Bugarín, co fin de constituír unha comunidade de usuarios de acordo coa lexislación vixente en materia de augas e solicitar a correspondente concesión administrativa.

A asemblea terá lugar o día 22 de novembro ás 18.00 horas, en primeira convocatoria e ás 19.00 horas, en segunda convocatoria, nas inmediacións da capela Bugarín (Santa Teresa), coa seguinte orde do día:

1. Elaborar unha relación nominal de usuarios (nome, DNI, enderezo residencial e referencia catastral, e sinatura orixinal).

2. Aprobar as normas que, dentro da lexislación vixente, se deberán axustar aos proxectos, ordenanzas e regulamentos que rexen a comunidade.

3. Nomeamento dos membros da Xunta de Goberno, encargada da dirección da comunidade e da redacción de ordenanzas e regulamentos.

4. Rogos e preguntas.

Bugarín, Cerdedo-Cotobade, 6 de setembro de 2025

Alfonso Suárez Santos
Representante da Comunidade de Usuarios de Augas de Bugarín