DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 2025 Páx. 56755

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir dezaseis prazas de persoal científico-técnico.

Estas prazas están vinculadas ao proxecto Demostrador multisectorial datalife (EDD), para a creación dun demostrador de espazos de datos en one-health.

A modalidade contractual será de actividades científico-técnicas, segundo o previsto no artigo 23.bis da Lei 14/2011, do 1 de xuño, a xornada completa, e aplicarase o Decreto 12/2024, do 11 de xaneiro.

As bases reguladoras dos procesos selectivos para a contratación do persoal estarán dispoñibles na páxina web https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2025

José Ignacio López Cabido
Xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia