DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 2025 Páx. 56754

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vila de Cruces

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Vila de Cruces, a efectos de delimitación do núcleo rural de Cumeiro.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de setembro de 2025, aprobou inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Vila de Cruces, para os efectos de delimitar o núcleo rural de Cumeiro, no concello de Vila de Cruces.

De conformidade co disposto no artigo 191 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública, por un prazo de dous meses, que comezarán a contar a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello [http://viladecruces.sedelectronica.es], así como na seguinte ligazón: https://nextcloud.viladecruces.gal/s/6oNB3PwpCFjB9XK

Vila de Cruces, 7 de outubro de 2025

Luis Celso Taboada Sánchez
Alcalde