DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 2025 Páx. 56667

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2025 pola que se aproba e se fai pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir dúas prazas da categoría profesional de socorrista, grupo III, pola quenda de promoción interna.

Mediante Resolución reitoral do 4 de marzo de 2025 (DOG do 13 de marzo) convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional socorrista, grupo III, pola quenda de promoción interna.

Mediante Resolución reitoral do 3 de abril de 2025 (DOG do 14 de abril) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o día 5 de decembro de 2025, ás 10.00 horas, na aula 15 (planta baixa) da Facultade de Dereito.

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mencionado mentres non se dite a resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela