Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 177, do 15 de setembro de 2025, cómpre facer as seguintes correccións:
Nas páxinas 49730 e 49731, onde di:
«Nº de concurso: 190LX/25-26.
Nº de prazas: 1(LX0471).
Área de coñecemento: Microbioloxía.
Departamento: Microbioloxía e Parasitoloxía.
Perfil: enfermidades infecciosas sistémicas e microbioloxía (G2051329). Rotación en urxencias, servizos centrais, etc. (G2051627). Servizo de Microbioloxía e Parasitoloxía. Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS).
Titulación: licenciado/a ou graduado/a Medicina, Farmacia, Bioloxía ou Química. Especialista en Microbioloxía e Parasitoloxía.
Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía.
Localidade: Santiago de Compostela».
Debe dicir:
«Nº de concurso: 190LX/25-26.
Nº de prazas: 1(LX0475).
Área de coñecemento: Microbioloxía.
Departamento: Microbioloxía e Parasitoloxía.
Perfil: enfermidades infecciosas sistémicas e microbioloxía (G2051329). Rotación en urxencias, servizos centrais, etc. (G2051627). Servizo de Microbioloxía e Parasitoloxía. Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS).
Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Medicina, Farmacia, Bioloxía ou Química. Especialista en Microbioloxía e Parasitoloxía.
Centro: Facultade de Medicina e Odontoloxía.
Localidade: Santiago de Compostela».
