Na sesión que tivo lugar o día 20 de outubro de 2025, o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. Declarar a todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio exentas de realizar o terceiro exercicio por teren presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.3 da convocatoria.
Segundo. Publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa de protección de datos de carácter persoal).
De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación prevista na citada base.
Terceiro. Elevar esta relación á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal co fin de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2025
Alberto Feijoo Rodríguez
Presidente do tribunal
ANEXO
|
Posición |
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
1º exercicio |
2º exercicio |
3º exercicio |
Puntuación final |
|
1 |
***4688** |
Abelleira Sánchez, Patricia |
Acceso libre |
25,97 |
41,16 |
Exenta |
67,13 |
|
2 |
***2253** |
Lusquiños Otero, Jacobo |
Acceso libre |
28,90 |
26,33 |
Exento |
55,23 |
