O Concello de Lugo aprobou as bases e a convocatoria para a cobertura, polo sistema de libre designación, do posto de traballo denominado interventor/a xeral do Concello de Lugo, reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, que remitiu á Dirección Xeral de Administración Local para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e posterior envío ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, segundo o establecido no artigo 46.2 do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional.
De acordo coa proposta da subdirectora xeral de Réxime Xurídico Local e tendo en conta as competencias conferidas polo artigo 29.3.g) do Decreto 136/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e o artigo 1.5 da Orde do 12 de xuño de 2024 sobre delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica e noutros órganos da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes,
RESOLVO:
Dar publicidade á convocatoria e ás bases que a rexerán, recollidas como anexo a esta resolución, para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional que se indica a seguir:
Corporación: Concello de Lugo.
Posto: interventor/a xeral do Concello de Lugo.
Subescala: intervención-tesouraría.
Categoría: superior.
Nivel complemento destino: 30.
Complemento específico anual: 36.645,00 euros.
Coñecemento lingua galega: nos termos do Decreto 103/2008, do 8 de maio.
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2025
Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Administración Local
ANEXO
Bases reitoras para a provisión definitiva, polo sistema de libre designación,
do posto de traballo de interventor/a xeral do Concello de Lugo
Primeira. Obxecto
Constitúe o obxecto desta convocatoria a provisión, polo sistema de libre designación, de conformidade co disposto nos artigos 45 e 46 do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional (en diante, Real decreto 128/2018), do seguinte posto de traballo reservado a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional:
– Corporación: Concello de Lugo.
– Denominación e clase do posto: interventor/a xeral.
– Nivel do complemento de destino: 30.
– Complemento específico anual (14 mensualidades): 36.645,00 euros.
– Requisitos para o seu desempeño conforme a relación de postos de traballo: subescala de intervención-tesouraría, categoría superior.
– Referencia ao coñecemento da lingua propia da comunidade autónoma correspondente, conforme a súa normativa específica: nos termos do Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a persoal funcionario con habilitación de carácter estatal no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Sistema de provisión: libre designación.
Segunda. Requisitos
Será requisito indispensable para concorrer á convocatoria ser persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, pertencente á subescala de intervención-tesouraría, categoría superior.
As persoas aspirantes deberán acreditar, mediante a presentación coa solicitude de participación nesta convocatoria, estar en posesión do certificado de lingua galega Celga 4 ou do seu equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.
Aquelas persoas aspirantes que non acrediten estar en posesión do Celga 4 ou equivalente deberán realizar unha proba de carácter eliminatorio en que se avaliará co resultado de apto ou non apto o grao de coñecemento de galego, que deberá ser equivalente ao exixido para o Celga 4, nos termos do citado Decreto 103/2008, do 8 de maio.
Terceira. Remisión da convocatoria
A convocatoria será remitida ao órgano competente da Xunta de Galicia para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e remisión á Dirección Xeral de Función Pública do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública para a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme o artigo 46 do Real decreto 128/2018.
Cuarta. Presentación de instancias
As instancias para participar nesta convocatoria dirixiranse ao alcalde presidente do Concello de Lugo, e poderán presentarse por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. As modalidades de presentación serán as seguintes:
a) De xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou nas oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
b) De forma telemática, a través do Rexistro Electrónico Xeral da sede electrónica do Concello de Lugo na ligazón https://www.lugo.gal, así como nos rexistros electrónicos establecidos no artigo 16.4.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A instancia irá acompañada da seguinte documentación:
– Copia do DNI.
– Número de rexistro persoal.
– Situación administrativa en que se atope a persoa solicitante, así como o seu destino.
– Certificado que acredite o coñecemento da lingua galega, Celga 4 ou o seu equivalente.
– Curriculum vitae, en que constarán os títulos académicos, os anos de servizo, os postos de traballo desenvolvidos na Administración e os cursos recibidos, así como aqueloutros méritos que considere oportuno alegar.
Os méritos alegados no currículo acreditaranse mediante a presentación dos documentos oportunos, que serán os que correspondan á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Unha vez resolto o procedemento, a persoa candidata proposta deberá achegar, para aqueles documentos que non sexan documentos orixinais electrónicos ou copias electrónicas auténticas, os documentos orixinais ou, se é o caso, copia deles autenticada polo órgano do Rexistro en que se presente, ou por persoal fedatario público.
Quinta. Resolución
Concluído o prazo, o presidente da corporación ditará, de ser o caso e tras a constatación dos requisitos exixidos na convocatoria, a resolución correspondente no prazo dun mes e daralle conta ao Pleno da Corporación e traslado daquela ao órgano competente da Comunidade Autónoma e ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública para a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Para motivar a idoneidade da persoa candidata elixida teranse en conta especialmente os seguintes aspectos:
a) Experiencia en postos reservados a funcionarios da Administración local con habilitación nacional, subescala de intervención-tesouraría, categoría superior, en entidades locais sometidas ao réxime de organización de municipios de gran poboación (título X da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local) que teñan atribuídas funcións de control e fiscalización interna da xestión económico-financeira e orzamentaria.
b) Experiencia en postos que teñan atribuídas funcións directivas de acordo coa normativa legal ou regulamentaria.
c) Desempeño recente dos postos de traballo coas características sinaladas nas letras anteriores, para garantir unha máis rápida adaptación ao posto ofertado.
d) Titulacións oficiais expedidas por universidades españolas ou estranxeiras diferentes ás acreditadas polo/a aspirante para o acceso á escala, subescala e categoría que se atopen relacionadas coas funcións do posto de traballo.
Sexta. Toma de posesión
Os prazos para a toma de posesión serán os mesmos que os establecidos para as persoas funcionarias con habilitación nacional nomeadas en virtude do procedemento de concurso.
Sétima. Recursos
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición ante o alcalde presidente do Concello de Lugo no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
