DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 3 de novembro de 2025 Páx. 56885

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2025, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina (Diario Oficial de Galicia número 37, do 24 de febreiro), pola que se fan públicas as notas do terceiro exercicio.

Na sesión que tivo lugar o 17 de outubro de 2025, o tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina (DOG núm. 37, do 24 de febreiro de 2025),

ACORDOU:

Primeiro. Concluída a corrección, superaron o terceiro exercicio trece (13) persoas aspirantes que, ou non tiveron que facer o exame por estaren exentas ou obtiveron a condición de apto no exercicio realizado, de conformidade coa base II.1.1.3 da convocatoria.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que realizaron o terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles, contado desde o día seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2025

María Jesús García Blanco
Presidenta do tribunal