DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 3 de novembro de 2025 Páx. 56883

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2025 pola que se resolve parcialmente o proceso de selección de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para beneficiarios dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius (código de procedemento IN859A).

A Axencia Galega de Innovación (Axencia), dada a súa condición de organismo público de investigación tal e como recolle a Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, poderá contratar persoal investigador en réxime laboral mediante as modalidades contractuais recollidas na Lei 14/2011, do 1 de xuño, de ciencia, tecnoloxía e innovación.

Mediante a Resolución do 22 de maio de 2025 (DOG núm. 110, do 11 de xuño) anunciouse a convocatoria de cinco postos de persoal investigador, conforme o establecido no Decreto 64/2016, do 26 de maio, polo que se regula o réxime de contratación de persoal investigador dotado cunha bolsa do ERC, no marco do programa para a xeración, captación, retención e recuperación de talento investigador en Galicia (programa Oportunius).

Finalizado o proceso de selección das prazas número 4 e 5 correspondentes ao dominio ERC Ciencias Físicas e Enxeñaría, de acordo co sinalado no artigo 13 e seguintes da convocatoria, os tribunais elevaron á Dirección da Axencia Galega de Innovación as propostas a favor dos aspirantes seleccionados.

Por todo iso, en virtude das atribucións do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Contratar como persoal laboral da Axencia Galega de Innovación, na modalidade de investigador distinguido, as persoas que se indican no anexo.

Segundo. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada perante a Presidencia da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes contado desde o seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2025

Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Praza número 4.

Dominio ERC de Ciencias Físicas e Enxeñaría: Beatriz Pelaz García (***3898**).

Bolsa ERC: Starting Grant.

Praza número 5.

Dominio ERC de Ciencias Físicas e Enxeñaría: Ignacio Insua López (***7985**).

Bolsa ERC: Starting Grant.