DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 3 de novembro de 2025 Páx. 56981

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2025 pola que se realiza a convocatoria pública para cubrir unha praza de persoal laboral fixo dentro do convenio colectivo.

Praza: 1 (unha) responsable da oficina da Secretaría Xeral.

Tipo de contrato: contrato fixo.

Proceso selectivo: concurso-oposición.

As bases desta convocatoria e as solicitudes estarán á disposición dos/das interesados/as na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría, rúa Peirao Pasaxeiro, núm. 1, e tamén na páxina web: www.portovilagarcia.es

As solicitudes deberán presentarse no prazo de vinte (20) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría e páxina web: www.portovilagarcia.es

Vilagarcía de Arousa, 8 de outubro de 2025

José Manuel Cores Tourís
Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría