DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 3 de novembro de 2025 Páx. 56979

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de requirimento de xestión de biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

Ao non ser posible a práctica da notificación ás persoas titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á disposición das persoas interesadas para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Así mesmo, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade a través de https://viveiro.sedeelectronica.es

Acto que se notifica: xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas (expediente 8029/2025).

Referencia catastral

27067A059033380000XT

Situación

Polígono 59, parcela 3338. Penahedrá, Galdo, Viveiro (Lugo)

Persoa responsable/DNI/CIF

En investigación/titular descoñecido

Acto que se notifica: xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas (expediente 7704/2025).

Referencia catastral

27067A029009710000XE

Situación

Polígono 29, parcela 971. A Trabe, Galdo, 20, Viveiro (Lugo)

Persoa responsable/DNI/CIF

En investigación/titular descoñecido

Acto que se notifica: xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas (expediente 8264/2025).

Referencia catastral

3047219PJ1334N0001XU

Situación

CM Convento-Xunqueira, 42, Viveiro (Lugo)

Persoa responsable/DNI/CIF

López Franco, Concepción; NIF descoñecido

Viveiro, 8 de outubro de 2025

María Carmen Gueimunde González
Alcaldesa