DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 3 de novembro de 2025 Páx. 56978

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 10 de outubro de 2025, da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, do recurso contencioso-administrativo PO 4250/2025.

Nesta administración recibiuse oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación co recurso contencioso-administrativo 4250/2025, procedemento ordinario, interposto por Catalina Solla Sánchez e Raquel Solla Sánchez contra o Acordo do Pleno do Concello de Vigo, do 26 de maio de 2025, de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Vigo aprobado en revisión do Plan xeral de ordenación urbana de 1993, no cal se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento das persoas interesadas no expediente correspondente.

Para os efectos de cumprir o solicitado no dito oficio, a Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 10 de outubro de 2025

O alcalde
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda