DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 3 de novembro de 2025 Páx. 56923

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2025 pola que se aproba e fai pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o acceso á categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (espectroscopia IR-Raman/magnetosusceptibilidade e crioxenia), grupo III, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución reitoral do 25 de agosto de 2025 (DOG do 9 de setembro e BOE do 1 de outubro), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (espectroscopia IR-Raman/magnetosusceptibilidade e crioxenia), grupo III, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas pola quenda de acceso libre.

Segundo. Indicar que a citada lista provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexta. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:

Tribunal titular:

Presidente:

– Ezequiel Vázquez Fernández, persoal laboral fixo do grupo II da USC.

Vogais:

– Juan José Ponte Mecías, persoal laboral fixo do grupo II da USC.

– Albina Román Castro, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Fernando Gómez Souto, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

Secretaria:

– Marta Gómez Álvarez, funcionaria de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidente:

– Pablo Taboada Antelo, catedrático de universidade da USC.

Vogais:

– Jesús Manuel Mosqueira Rey, catedrático de universidade da USC.

– Pilar López Valín, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

– Sandra Barca Bravo, persoal laboral fixo do grupo II da USC.

Secretario:

– José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela