DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 3 de novembro de 2025 Páx. 56925

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2025 pola que se nomea profesorado do corpo docente universitario de profesoras e profesores titulares de universidade.

De conformidade coa proposta elevada polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade do 7 de xullo de 2025 (BOE do 15 de xullo), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria,

Este reitorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e polo artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, resolve efectuar os nomeamentos das persoas que se relacionan no anexo.

Os citados nomeamentos producirán efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

No caso de que a persoa aspirante estea en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite a resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número concurso

Nome

Apelidos

DNI

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Localidade

Código da praza

9T/25

Marta

Otero Crespo

***0479**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Dereito Civil

Dereito Común

Santiago de Compostela

C02067

15T/25

María Monserrat

Pena Presas

***5807**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Didáctica da Lingua e da Literatura

Didácticas Aplicadas

Santiago de Compostela

C02073

16T/25

Pablo

González Sequeiros

***7610**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Didáctica da Matemática

Didácticas Aplicadas

Lugo

C02074

32T/25

Tamara

Bouso Rivas

***4757**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Filoloxía Inglesa

Filoloxía Inglesa e Alemá

Santiago de Compostela

C02090

33T/25

Zeltia

Blanco Suárez

***2170**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Filoloxía Inglesa

Filoloxía Inglesa e Alemá

Santiago de Compostela

C02091

45T/25

Paula

Álvarez González

***6955**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Organización de Empresas

Organización de Empresas e Comercialización

Santiago de Compostela

C02103