DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 3 de novembro de 2025 Páx. 56964

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de setembro de 2025, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Betanzos (expediente DH.V15.110633).

En cumprimento do previsto no artigo 152.8.b) do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Logística de Carburantes Petrolíferos Group, S.L.

NIF: B-70488572.

Expediente: DH.V15.110633.

Lugar: estrada N-651, p.q. 2+200, marxe dereita.

Parroquia: Tiobre.

Concello: Betanzos.

– Tipo de vertedura 1: augas residuais industriais depuradas.

Caudal máximo anual 1: 946,16 m³/ano.

Punto de vertedura 1: X=563.758; Y=4.793.556.

Medio receptor 1: ría de Ares-Betanzos.

Tratamento/evacuación 1: as augas residuais industriais xeradas nas zonas de surtidores e descarga, xunto coas augas residuais industriais xeradas na cabina e na ponte de lavado pretratadas nun areeiro, son depuradas nun decantador seguido dun separador de hidrocarburos de clase I de 10 l/s de capacidade, cuxo efluente se conecta, xuntamente coas pluviais non afectadas, a unha canalización existente na zona, vertendo finalmente á ría de Ares-Betanzos.

– Tipo de vertedura 2: augas residuais fecais depuradas.

Caudal máximo anual 2: 264,26 m³/ano.

Punto de vertedura 2: X=564.081; Y=4.793.538.

Medio receptor 2: infiltración no terreo (cunca da ría de Ares-Betanzos).

Tratamento/evacuación 2: as augas residuais fecais xeradas nos vestiarios e aseos son tratadas nunha fosa séptica de decantación-dixestión deseñada para 8 habitantes equivalentes, antes da súa vertedura por infiltración no terreo mediante pozo filtrante.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2025

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras