DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 3 de novembro de 2025 Páx. 56966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 29 de setembro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.05316, outorgada o 3 de xuño de 2002, no concello de Meis (expediente DH.A36.109459).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Arcos.

Expediente: DH.A36.109459.

Volume total anual: 3.996,90 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,19 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: catro (4) mananciais M1 a M4 e un (1) pozo P.

M1, M2 e M3 na parcela 158, polígono 121.

M4 na parcela 614, polígono 121.

P na parcela 36, polígono 305.

Lugar: Arcos.

Parroquia: San Tomé de Nogueira.

Concello: Meis.

Descrición:

A auga de M1 a M4 reúnese para conducila a caseta na parcela 395, polígono 121, que contén 18 depósitos individuais dos que parten conducións ás vivendas que abastece a Comunidade no lugar de Arcos (Meis). A do pozo bombéase aos depósitos cando é precisa.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, núm. 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 29 de setembro de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur