En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Concello de Gondomar.
Expediente: DH.A36.96738.
Volume total anual: 800.536,80 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 30 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: río Miñor: parcela 9001, polígono 70 do Catastro de Gondomar.
Lugar: Muíños Novos.
Parroquia: Peitieiros.
Concello: Gondomar.
Descrición:
A auga cáptase na marxe esquerda do río Miñor mediante un encoro de derivación de formigón e bombéase desde a caseta na parcela 24, polígono 70, á ETAP na parcela 162, polígono 63. Desde a ETAP distribúese a auga para o abastecemento das parroquias de Borreiros, Chaín, Donas, Gondomar, Mañufe e Vilaza (Gondomar).
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 24 de outubro de 2025
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
