DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 4 de novembro de 2025 Páx. 57098

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 17 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de recursos naturais e forestais, convocado pola Resolución do 4 de xullo 2025 (Diario Oficial de Galicia número 131, do 10 de xullo).

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 182, do 22 de setembro de 2025, e en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cómpre facer a seguinte corrección:

No sumario, nas páxinas 50436 e 50488, onde di: «Resolución do 14 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 23 de maio)»; debe dicir: «Resolución do 4 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 131, do 10 de xullo)».

Na páxina 50488, no contido da resolución, onde di: «Resolución do 14 de maio de 2025 (DOG número 98, do 23 de maio)»; debe dicir: «Resolución do 4 de xullo de 2025 (DOG número 131, do 10 de xullo)».