DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 4 de novembro de 2025 Páx. 57097

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 1 de setembro de 2025, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 178, do 16 de setembro de 2025, e en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 49881, no anexo da resolución, na posición 7, onde di: «Bernández Piñeiro, Mª Jesús»; debe dicir: «Bernárdez Piñeiro, María Jesús».